viernes, 16 de mayo de 2008

Zoolóxico

A Comisión de Damas Benéficas do Museo, á que pertencen a Filla do Faraón de Tintoretto, a Artemisa de Rembrandt, a María de Médicis de Rubens e a María de Inglaterra de Antonio Moro, decidiron organizar un Xardín Zoolóxico para diversión dos nenos. Cabalos e cans son moi abundantes no museo. Hai cans nas pinturas de Fernando Gallego, Botticelli, Velázquez, Alonso Cano, Murillo, Tiziano, Tintoretto, Veronés, Goya, Snyders e Van Loo. Entre os cabalos presentan os seus Carreño de Miranda, Rubens, Berruguete, Luca Giordano e Poussin. Outras especies están menos representadas, pero a “Arca de Noé” de Bassano ofrece boa diversidade delas. Murillo, Goya, Memling, Patinar e Maino enviaron asnos; Cornelis de Vos tigres; Hans Baldung Grien un moucho; O Bosco unha nutrida representación de camelos, porcos, xirafas e unicornios; Rubens, Claudio Coello, Murillo, Rafael, Rubens e Vouet carneiros; Snyders un xabarín; Anibal Carracci e Orazio Gentileschi pombas; Brueghel de Velours outras aves, etc. Vacilouse en admitir ao macho cabrío goyesco, que a fin de contas é o Demo, e finalmente ubicárono xunto ó cabirto do Fauno romano. Non se escolleu nengún pavo real porque dá mala sorte. O macho cabrío de Goya, avanzada a noite da inauguración do zoolóxico, predicou entre os leóns, os tigres e o dragón, mais finalmente estes abalanzáronse sobre o resto dos animais creando grande estrondo e apenas dando tempo a que cada animal retornase ao seu cadro antes da entrada dos turistas. Estes, que van tan rápidos, non percibiron o desbaraxuste producido nas salas, debido a que moitos animais equivocaron o seu emprazamento. Por exemplo, o mono de Patinar quedou na tea de “Adán e Eva” de Durero, mentres a serpe se foi ao retrato ecuestre de Carlos II, de Luca Giordano; un unicornio estaba á beira do cabalo negro da batalla de Mühlberg espoleado por Carlos V, e a raíña Isabel, esposa de Felipe IV, montaba un extraviado xabarín. O cabirto do Fauno foi parar ás costas do Diadumeno; o grande can das Meninas cohabita co faldeiro da familia de Felipe V,… Finalmente, a mediodía, cando aflúe menos público, os animais retornan aos seus lugares orixinais.

"Moisés salvado das augas", de Tintoretto.
“Artemisa”, de Rembrandt.
“María de Médicis”, de Rubens.
“María de Inglaterra”, de Antonio Moro.
“Entrada dos animais na arca de Noé”, de Bassano.

ACTIVIDADES:

- No libro da Xénese nárrase como Noé se refuxiou coa súa familia na Arca e despois, de acordo coas ordes do Eterno, fixo entrar unha parella de cada animal. O embarco, moi regulamentado, fíxose en perfecta orde. Transmítese esta impresión no cadro de Bassano? Xustifica a resposta.
- Analiza a composición da obra de Bassano e sinala como é (atendendo á distribución de personaxes, liña do horizonte, dinamismo/estatismo,...).

No hay comentarios: