viernes, 16 de mayo de 2008

Dúas formigas

Dúas formigas vagaron sen rumbo un día pola “Disputa cos Doutores no Templo”, de Paolo Veronese. O Doutor das roupaxes amarelas dubida se as formigas deixaron algunha porquería nas súas barbas, a simple vista non se observa nada. Acordan os presentes do cadro buscar algún cristal de aumento para comprobalo. E lembran que ten anteollos o cirurxán que extirpa a pedra da tolemia nun cadro de Jan Sanders van Hemesen. Aínda que non logran descubrir restos de porquería nas barbas citadas, finalmente un tradicionalista que bota unha ollada a un libro aplasta ás formigas con este, feito que provoca a reprimenda do xove Neno Xesús lembrando o divino precepto de “non matarás”. Os Doutores aproveitan para pedirlle que resucite ás formigas, e este, cun xesto da man elevada, faino.

Disputa cos doutores no Templo, de Veronés.
A extracción da pedra da tolemia, de Jan Sanders van Hemesen.

ACTIVIDADES:

- Compara a obra de Veronés citada neste capítulo coa obra do mesmo tema de Giotto, do século XIII, e analiza o marco arquitectónico, composición, colorido e luminosidade, comparándoas. Extrae conclusións.
- O tema da extracción da pedra da tolemia é habitual na arte flamenca. Compara o tratamento do tema nas obras citadas nesta web. Analiza semellanzas e diferenzas.

No hay comentarios: