viernes, 16 de mayo de 2008

A lagoa

Personaxes franceses dos cadros de Watteau xiran, cantan e bailan polo Museo. Protesta pola algarabía Dona Mariana de Austria, mais eles siguen co seu estrondo e mófanse dela, percorren o Museo ata chegar ao cadro de Patinir “A lagoa Estixia”, e intérnanse na marxe esquerda, dirixíndose á construción arquitectónica con cúpula de cristal e máis alá, cara á cidade celeste. Ata que unha das damas advirte a existencia da barca de Caronte, que lles pide un óbolo para pasar á outra beira, na que o inferno cheo de lume os espera, e eles laméntanse. Menos mal que van ser as oito da mañá e hai que volver cadanseu personaxe á súa tea. Por esta vez salváronse –incluso o novelista- da queima.

“Festa nun parque”, de Watteau.
“A voda campestre”, de Watteau.
“A raíña viúva dona Mariana de Austria”, de Carreño de Miranda.
“O paso da lagoa Estixia”, de Patinir.

ACTIVIDADES:

- A partir da visualización deste vídeo, describe as características das "festas galantes" na pintura de Watteau.
- Identifica, na pintura de Patinir, os principais personaxes do cadro protagonista deste capítulo.

No hay comentarios: