viernes, 16 de mayo de 2008

Elegancia

Organízase un Concurso de Elegancia no que poderán participar todos os retratados da pinacoteca. Antes que nada débese seleccionar aos pintores que intervirán, os encargados de designar o xurado e os que estarían en condicións de integrar o grupo de xuices. Foron encargados de designar ao xurado o anano e os bufóns Don Diego de Acedo, don Xoan de Austria, Pablos de Valladolid, Barbarroxa e Cabaciñas. Como xurado foron designados Xúpiter, Apolo Farnese, a Venus do golfito e o Hércules de Livio Odescalchi, ás que se engadiron Baco, Marte, Mercurio e Vulcano (estes últimos de Velázquez). Son escollidos e presentados os pintores participantes: Tiziano, Van Dyck, Antonio Moro, Frans Pourbus, Peter Paul Rubens, Hans Memling, Parmigianino, Louis-Michel Van Loo, Pierre Mignard, Jean Rana, Hyacinthe Rigaud, Anton Rafael Mengs, Thomas Lawrence, Domenikos Theotokopulos, Alonso Sánchez Coello, Juan Pantoja de la Cruz, Juan Carreño de Miranda, Francisco de Goya, Diego Velázquez.
Os finalistas resultan ser o Felipe II de Tiziano; o rei Baltasar de Memling; a Grande Duquesa de Toscana, de Mengs; o capitán Romero, de O Greco; a infanta Catalina Micaela de Austria, de Sánchez Coello; o Duque de Pastrana, de Carreño de Miranda; os do Verde Quitasol, de Goya; a raíña Isabel, de Velázquez. Mais finalmente preséntase Durero, que non se anotara no concurso. Con el veñen os seus Adán e Eva, que ao fin resultan elexidos, non sin a protesta do Lois XIV pintado por Rigaud.

Carlos V de pé cun can retratado por Tiziano.
Filipe II retratado por Tiziano.
O duque de Mantua retratado por Tiziano.
Sir Endimión Porter retratado por Van Dyck.
Duque de Lerma retratado por Rubens. Unha panorámica da obra de Rubens.
Reis Magos da “Adoración dos Magos” , de Memling.
Retrato de María Luisa de Parma, por Mengs.
O cabaleiro da man no peito, retratado por O Greco.
Isabel Clara Eugenia e Catalina Micaela, retratadas por Sánchez Coello.
O infante Don Carlos, retratado por Sánchez Coello.
Filipe III , retratado por Pantoja de la Cruz.
Retrato de don Gregorio de Silva Mendoza y Sandoval, Duque de Pastrana, por Carreño de Miranda.
Majo da guitarra, de Goya.
Majo do quitasol, de Goya.
Dona Margarita de Austria retratada por Velázquez.
Dona Isabel de Francia retratada por Velázquez.
Filipe III a cabalo, por Velázquez.
Filipe IV, por Velázquez.
Retrato de Don Baltasar Carlos a cabalo, por Velázquez.
Retrato do Conde-Duque de Olivares, por Velázquez.
Adán e Eva, de Durero. Un vídeo promocional da exposición de Durero de 2005.

ACTIVIDADES:

- Clasifica as diferentes tipoloxías de retrato citadas neste capítulo: de busto, en tres cuartos, ecuestre,... encaixando cada exemplo segundo corresponda.
- Encaixa os espidos de Durero no contexto histórico que corresponde, en comparación con períodos anteriores, a partir da información contida nesta presentación.

No hay comentarios: