sábado, 22 de diciembre de 2007

Os dous carros

Un carro con Baco enriba arrastrado por dous tigres aproxímase polo fondo da galería. Trátase do "Triunfo de Baco", de Cornelis de Vos. Recoñéceno as Tres Grazas de Rubens ó seu paso e xime algunha Inmaculada de Murillo identificándoo co demo.
De fronte, de repente, aparece o Carro do Feo, de Hyeronimus Bosch. Para os que pensaban que este carro ía restaurar o estrondo da sala é unha decepción comprobar que faltan os arrepentidos (o frade gordo, o sacamoas, o da erótica cornamusa, o bruxo do sombreiro, o demente errático), que seguramente están a converter ó Diadumenos, a Castor e Pólux, ó Fauno do Cabirto ou á Venus do Golfiño.
Baco ri e os tigres ameazan ó carro do feo, mentres o anxo deste último mira ó ceo mentres canta. "O anxo canta o benaventurado milagre da vida, regalo de Deus; os amantes apórtanlle a puxanza do amor humano; e o demo insufla, coas notas do seu instrumento, unha sabia enerxía feliz." O laúde cobra vida e, como a música amansa as feras, os tigres réndense e ronronean como grandes gatos. Finalmente, ata o reticente Baco se resigna e érguese no carro, aceptando a victoria do carro flamenco neste envite e seguíndoo na retirada. É improbable que o carro de Baco se atreva a asomar outra vez polo primeiro piso do Museo.

Información sobre Cornelis de Vos
Información sobre Hyeronimus Bosch

ACTIVIDADES:

- Analiza os significados alegóricos do "Carro do feo".