viernes, 16 de mayo de 2008

A Bela Durminte

Convócase unha representación teatral do conto da “Bela Durminte”, de Perrault, xa que o anano Don Diego de Acedo o oíu contar á filla de Lois XV, dona Luisa Isabel de Borbón, no pazo de Filipe V. E o anano ponse mans á obra para buscar os personaxes. A falta de nenas, decídese que o diminuto Carlos Luis de Borbón, da familia de Carlos IV, fará de nena; as fadas provirán de retratos ecuestres de Rubens; á fada mala daralle vida un vello desdentado das pinturas negras de Goya; a Dánae de Tiziano encarnará á Bela Durminte de maior, cando esperte do seu sono; o Baltasar negro do Bosco tomará o papel de príncipe; micer Marsilio e esposa farán de pais da Bela.
Como fondo da representación elíxese o pazo de Filipe V pintado por Van Loo. E cúrsanse invitacións, especialmente ás familias reais do Prado (as de Filipe IV, Filipe V e Carlos IV) e outros invitados excelsos para acudir á representación, que será presentada polo anano de Velázquez. Todo transcurre con normalidade na representación en tres actos, ata que, ao final, remata con espanto pola irrupción inesperada da “Monstrua” de Carreño de Miranda na terceira escena, cando xa Dánae estaba cansa de esperar espida ao inicio do acto. En suma, que a sorpresa do público foi manifesta e remata a representación cun certo escándalo.

Don Diego de Acedo, retratado por Velázquez.
A familia de Filipe V, retratada por Van Loo. Un vídeo sobre a obra.
A familia de Carlos IV, retratada por Goya. Un vídeo sobre a obra.
Retrato do cardeal infante don Fernando de Austria, por Rubens.
Retrato ecuestre de Felipe IV, por Rubens.
Dous vellos comendo, pintura negra de Goya.
Dánae recibindo a choiva de ouro, de Tiziano.
A adoración dos Magos, de O Bosco.
As Meninas, de Velázquez. Un vídeo sobre a obra.
Micer Marsilio e esposa, de Lorenzo Lotto.
Dous reis, por Alonso Cano.
As Fiandeiras, de Velázquez. Un vídeo sobre a obra.
A monstra espida, de Carreño de Miranda.

* Visualiza a ANIMACIÓN SOBRE O CAPÍTULO DA BELA DURMINTE.

ACTIVIDADES:

- Analiza a evolución do retrato real nas obras das familias de Filipe IV, Filipe V e Carlos IV, sinalando cambios e influenzas mutuas.
- Analiza esta presentación da pintura da escola veneciana e anota os temas, cores e composicións predominantes. Identifica quen é Dánae e a que episodio concreto fai referencia o cadro de Tiziano.

No hay comentarios: