viernes, 16 de mayo de 2008

A coroa

Ata a pintura da “Coroa de espiñas” de Van Dyck chegou a nova de que desapareceu un dos anxos da tea “Abraham e os tres anxos”, de Tiépolo. Varias comisións sairon a buscalo (a Sociedade de Cabaleiros Unidos do Greco; os comensais de Botticelli; os corredores Hipómenes e Atalanta; Cástor e Pólux; os tres músicos de Jordaens), e tamén os outros anxos de Tiépolo. Don Diego de Acedo e o seu compadre Cabaciñas difundiron a información de que o Anxo extraviouse no panel central do Xardín das Ledicias do Bosco. O Cabaleiro da “Coroa de Espiñas”, finalmente, a pesar da burla do paisano da cornamusa da festa campestre de Teniers, decide ir en busca do Anxo e intérnase no cadro do Bosco mentres os modelos de Tiépolo sobrevoan ese espazo. A pesar das tentacións a que son sometidos –amorodos que lles incitan á luxuria-, o Cabaleiro e o seu escudeiro siguen o camiño máis alá da lagoa e da fonte, ata os pazos do fondo, onde atopan ao anxo descarriado. Finalmente, tamén o Cabaleiro cae nas tentacións, e perde a coroa de espiñas que tiña agarrada na man, ata que se percata de que a coroa está colocada enriba da cabeza do anxo, a xeito de penitencia.

“A coroación de espiñas”, de A. Van Dyck.
“Abraham e os tres anxos”, de Tiépolo.
“Don Diego de Acedo”, por Velázquez.
“Cabaciñas”, por Velázquez.
“Tríptico do Xardín das Ledicias”, de O Bosco. Un repaso da obra do autor.
“Festa campestre”, de David Teniers.

ACTIVIDADES:

- Analiza o colorido e a luz no cadro de Van Dyck citado neste capítulo.
- Indica as interpretacións que se teñen dado á táboa central do Tríptico das Delicias a partir da información. Trata de atopar os personaxes propostos ao final da explicación do cadro nesta web.

No hay comentarios: