O capitán Julián Romero, “o das fazañas”, presidente da Sociedade dos Cabaleiros Unidos do Greco, convocou a asemblea extraordinaria a todos os membros, excepto ao Cabaleiro da Man no Peito, que é declarado insubordinado por non practicar a castidade e ter trato con mulleres, entre elas a Maja Vestida de Goya. Vótase que o capitán Romero ha de indagar se isto é verdade. Este, en compañía do Santo Patrono da Orde de Santiago - percorre o Museo en busca da maja goyesca, que foi trasladada ao piso superior, igual que os demáis lenzos do artista aragonés. E atopan ao Cabaleiro da Man no Peito falando coa Maja de Goya, polo que o capitán o reprende virulentamente. O cabaleiro da man no peito sosegouse e modificou os seus costumes, mais Julián Romero fíxose asiduo visitante da Maja Espida, polo que a Sociedade dos Cabaleiros Unidos do Greco pasou a ser presidida por Don Juan de Silva, o Cabaleiro da Man no Peito.
“O capitán Julián Romero, o das fazañas”, de O Greco.
“O cabaleiro da man no peito”, de O Greco.
“O médico Don Rodrigo de la Fuente”, de O Greco.
“Licenciado Xerome de Cevallos” , de O Greco.
“Don Rodrigo Vázquez”, de O Greco.
“A maja vestida”, de Goya.
“Carlos III almorzando”, de Luis Paret y Alcázar.
“Os duques de Osuna”, de Goya.
“A marquesa de Villafranca”, de Goya.
“A maja espida”, de Goya.
Visualiza o tráiler do film "El Greco".
Infórmate sobre a obra de O Greco.
Olla o tráiler de "As pantasmas de Goya".
ACTIVIDADES:
- Analiza as características dos personaxes de O Greco protagonistas deste capítulo.
- Identifica ás posibles modelos das majas de Goya, a localización e finalidades dos cadros a partir da información e do vídeo.
viernes, 16 de mayo de 2008
Zoolóxico
A Comisión de Damas Benéficas do Museo, á que pertencen a Filla do Faraón de Tintoretto, a Artemisa de Rembrandt, a María de Médicis de Rubens e a María de Inglaterra de Antonio Moro, decidiron organizar un Xardín Zoolóxico para diversión dos nenos. Cabalos e cans son moi abundantes no museo. Hai cans nas pinturas de Fernando Gallego, Botticelli, Velázquez, Alonso Cano, Murillo, Tiziano, Tintoretto, Veronés, Goya, Snyders e Van Loo. Entre os cabalos presentan os seus Carreño de Miranda, Rubens, Berruguete, Luca Giordano e Poussin. Outras especies están menos representadas, pero a “Arca de Noé” de Bassano ofrece boa diversidade delas. Murillo, Goya, Memling, Patinar e Maino enviaron asnos; Cornelis de Vos tigres; Hans Baldung Grien un moucho; O Bosco unha nutrida representación de camelos, porcos, xirafas e unicornios; Rubens, Claudio Coello, Murillo, Rafael, Rubens e Vouet carneiros; Snyders un xabarín; Anibal Carracci e Orazio Gentileschi pombas; Brueghel de Velours outras aves, etc. Vacilouse en admitir ao macho cabrío goyesco, que a fin de contas é o Demo, e finalmente ubicárono xunto ó cabirto do Fauno romano. Non se escolleu nengún pavo real porque dá mala sorte. O macho cabrío de Goya, avanzada a noite da inauguración do zoolóxico, predicou entre os leóns, os tigres e o dragón, mais finalmente estes abalanzáronse sobre o resto dos animais creando grande estrondo e apenas dando tempo a que cada animal retornase ao seu cadro antes da entrada dos turistas. Estes, que van tan rápidos, non percibiron o desbaraxuste producido nas salas, debido a que moitos animais equivocaron o seu emprazamento. Por exemplo, o mono de Patinar quedou na tea de “Adán e Eva” de Durero, mentres a serpe se foi ao retrato ecuestre de Carlos II, de Luca Giordano; un unicornio estaba á beira do cabalo negro da batalla de Mühlberg espoleado por Carlos V, e a raíña Isabel, esposa de Felipe IV, montaba un extraviado xabarín. O cabirto do Fauno foi parar ás costas do Diadumeno; o grande can das Meninas cohabita co faldeiro da familia de Felipe V,… Finalmente, a mediodía, cando aflúe menos público, os animais retornan aos seus lugares orixinais.
"Moisés salvado das augas", de Tintoretto.
“Artemisa”, de Rembrandt.
“María de Médicis”, de Rubens.
“María de Inglaterra”, de Antonio Moro.
“Entrada dos animais na arca de Noé”, de Bassano.
ACTIVIDADES:
- No libro da Xénese nárrase como Noé se refuxiou coa súa familia na Arca e despois, de acordo coas ordes do Eterno, fixo entrar unha parella de cada animal. O embarco, moi regulamentado, fíxose en perfecta orde. Transmítese esta impresión no cadro de Bassano? Xustifica a resposta.
- Analiza a composición da obra de Bassano e sinala como é (atendendo á distribución de personaxes, liña do horizonte, dinamismo/estatismo,...).

A coroa
Ata a pintura da “Coroa de espiñas” de Van Dyck chegou a nova de que desapareceu un dos anxos da tea “Abraham e os tres anxos”, de Tiépolo. Varias comisións sairon a buscalo (a Sociedade de Cabaleiros Unidos do Greco; os comensais de Botticelli; os corredores Hipómenes e Atalanta; Cástor e Pólux; os tres músicos de Jordaens), e tamén os outros anxos de Tiépolo. Don Diego de Acedo e o seu compadre Cabaciñas difundiron a información de que o Anxo extraviouse no panel central do Xardín das Ledicias do Bosco. O Cabaleiro da “Coroa de Espiñas”, finalmente, a pesar da burla do paisano da cornamusa da festa campestre de Teniers, decide ir en busca do Anxo e intérnase no cadro do Bosco mentres os modelos de Tiépolo sobrevoan ese espazo. A pesar das tentacións a que son sometidos –amorodos que lles incitan á luxuria-, o Cabaleiro e o seu escudeiro siguen o camiño máis alá da lagoa e da fonte, ata os pazos do fondo, onde atopan ao anxo descarriado. Finalmente, tamén o Cabaleiro cae nas tentacións, e perde a coroa de espiñas que tiña agarrada na man, ata que se percata de que a coroa está colocada enriba da cabeza do anxo, a xeito de penitencia.
“A coroación de espiñas”, de A. Van Dyck.
“Abraham e os tres anxos”, de Tiépolo.
“Don Diego de Acedo”, por Velázquez.
“Cabaciñas”, por Velázquez.
“Tríptico do Xardín das Ledicias”, de O Bosco. Un repaso da obra do autor.
“Festa campestre”, de David Teniers.
ACTIVIDADES:
- Analiza o colorido e a luz no cadro de Van Dyck citado neste capítulo.
- Indica as interpretacións que se teñen dado á táboa central do Tríptico das Delicias a partir da información. Trata de atopar os personaxes propostos ao final da explicación do cadro nesta web.

A Bela Durminte
Convócase unha representación teatral do conto da “Bela Durminte”, de Perrault, xa que o anano Don Diego de Acedo o oíu contar á filla de Lois XV, dona Luisa Isabel de Borbón, no pazo de Filipe V. E o anano ponse mans á obra para buscar os personaxes. A falta de nenas, decídese que o diminuto Carlos Luis de Borbón, da familia de Carlos IV, fará de nena; as fadas provirán de retratos ecuestres de Rubens; á fada mala daralle vida un vello desdentado das pinturas negras de Goya; a Dánae de Tiziano encarnará á Bela Durminte de maior, cando esperte do seu sono; o Baltasar negro do Bosco tomará o papel de príncipe; micer Marsilio e esposa farán de pais da Bela.
Como fondo da representación elíxese o pazo de Filipe V pintado por Van Loo. E cúrsanse invitacións, especialmente ás familias reais do Prado (as de Filipe IV, Filipe V e Carlos IV) e outros invitados excelsos para acudir á representación, que será presentada polo anano de Velázquez. Todo transcurre con normalidade na representación en tres actos, ata que, ao final, remata con espanto pola irrupción inesperada da “Monstrua” de Carreño de Miranda na terceira escena, cando xa Dánae estaba cansa de esperar espida ao inicio do acto. En suma, que a sorpresa do público foi manifesta e remata a representación cun certo escándalo.
Don Diego de Acedo, retratado por Velázquez.
A familia de Filipe V, retratada por Van Loo. Un vídeo sobre a obra.
A familia de Carlos IV, retratada por Goya. Un vídeo sobre a obra.
Retrato do cardeal infante don Fernando de Austria, por Rubens.
Retrato ecuestre de Felipe IV, por Rubens.
Dous vellos comendo, pintura negra de Goya.
Dánae recibindo a choiva de ouro, de Tiziano.
A adoración dos Magos, de O Bosco.
As Meninas, de Velázquez. Un vídeo sobre a obra.
Micer Marsilio e esposa, de Lorenzo Lotto.
Dous reis, por Alonso Cano.
As Fiandeiras, de Velázquez. Un vídeo sobre a obra.
A monstra espida, de Carreño de Miranda.
* Visualiza a ANIMACIÓN SOBRE O CAPÍTULO DA BELA DURMINTE.
ACTIVIDADES:
- Analiza a evolución do retrato real nas obras das familias de Filipe IV, Filipe V e Carlos IV, sinalando cambios e influenzas mutuas.
- Analiza esta presentación da pintura da escola veneciana e anota os temas, cores e composicións predominantes. Identifica quen é Dánae e a que episodio concreto fai referencia o cadro de Tiziano.

Dúas formigas
Dúas formigas vagaron sen rumbo un día pola “Disputa cos Doutores no Templo”, de Paolo Veronese. O Doutor das roupaxes amarelas dubida se as formigas deixaron algunha porquería nas súas barbas, a simple vista non se observa nada. Acordan os presentes do cadro buscar algún cristal de aumento para comprobalo. E lembran que ten anteollos o cirurxán que extirpa a pedra da tolemia nun cadro de Jan Sanders van Hemesen. Aínda que non logran descubrir restos de porquería nas barbas citadas, finalmente un tradicionalista que bota unha ollada a un libro aplasta ás formigas con este, feito que provoca a reprimenda do xove Neno Xesús lembrando o divino precepto de “non matarás”. Os Doutores aproveitan para pedirlle que resucite ás formigas, e este, cun xesto da man elevada, faino.
Disputa cos doutores no Templo, de Veronés.
A extracción da pedra da tolemia, de Jan Sanders van Hemesen.
ACTIVIDADES:
- Compara a obra de Veronés citada neste capítulo coa obra do mesmo tema de Giotto, do século XIII, e analiza o marco arquitectónico, composición, colorido e luminosidade, comparándoas. Extrae conclusións.
- O tema da extracción da pedra da tolemia é habitual na arte flamenca. Compara o tratamento do tema nas obras citadas nesta web. Analiza semellanzas e diferenzas.

Elegancia
Organízase un Concurso de Elegancia no que poderán participar todos os retratados da pinacoteca. Antes que nada débese seleccionar aos pintores que intervirán, os encargados de designar o xurado e os que estarían en condicións de integrar o grupo de xuices. Foron encargados de designar ao xurado o anano e os bufóns Don Diego de Acedo, don Xoan de Austria, Pablos de Valladolid, Barbarroxa e Cabaciñas. Como xurado foron designados Xúpiter, Apolo Farnese, a Venus do golfito e o Hércules de Livio Odescalchi, ás que se engadiron Baco, Marte, Mercurio e Vulcano (estes últimos de Velázquez). Son escollidos e presentados os pintores participantes: Tiziano, Van Dyck, Antonio Moro, Frans Pourbus, Peter Paul Rubens, Hans Memling, Parmigianino, Louis-Michel Van Loo, Pierre Mignard, Jean Rana, Hyacinthe Rigaud, Anton Rafael Mengs, Thomas Lawrence, Domenikos Theotokopulos, Alonso Sánchez Coello, Juan Pantoja de la Cruz, Juan Carreño de Miranda, Francisco de Goya, Diego Velázquez.
Os finalistas resultan ser o Felipe II de Tiziano; o rei Baltasar de Memling; a Grande Duquesa de Toscana, de Mengs; o capitán Romero, de O Greco; a infanta Catalina Micaela de Austria, de Sánchez Coello; o Duque de Pastrana, de Carreño de Miranda; os do Verde Quitasol, de Goya; a raíña Isabel, de Velázquez. Mais finalmente preséntase Durero, que non se anotara no concurso. Con el veñen os seus Adán e Eva, que ao fin resultan elexidos, non sin a protesta do Lois XIV pintado por Rigaud.
Carlos V de pé cun can retratado por Tiziano.
Filipe II retratado por Tiziano.
O duque de Mantua retratado por Tiziano.
Sir Endimión Porter retratado por Van Dyck.
Duque de Lerma retratado por Rubens. Unha panorámica da obra de Rubens.
Reis Magos da “Adoración dos Magos” , de Memling.
Retrato de María Luisa de Parma, por Mengs.
O cabaleiro da man no peito, retratado por O Greco.
Isabel Clara Eugenia e Catalina Micaela, retratadas por Sánchez Coello.
O infante Don Carlos, retratado por Sánchez Coello.
Filipe III , retratado por Pantoja de la Cruz.
Retrato de don Gregorio de Silva Mendoza y Sandoval, Duque de Pastrana, por Carreño de Miranda.
Majo da guitarra, de Goya.
Majo do quitasol, de Goya.
Dona Margarita de Austria retratada por Velázquez.
Dona Isabel de Francia retratada por Velázquez.
Filipe III a cabalo, por Velázquez.
Filipe IV, por Velázquez.
Retrato de Don Baltasar Carlos a cabalo, por Velázquez.
Retrato do Conde-Duque de Olivares, por Velázquez.
Adán e Eva, de Durero. Un vídeo promocional da exposición de Durero de 2005.
ACTIVIDADES:
- Clasifica as diferentes tipoloxías de retrato citadas neste capítulo: de busto, en tres cuartos, ecuestre,... encaixando cada exemplo segundo corresponda.
- Encaixa os espidos de Durero no contexto histórico que corresponde, en comparación con períodos anteriores, a partir da información contida nesta presentación.

martes, 1 de enero de 2008
O pranto e os remedios
A filla do faraón do "Moisés salvado das augas do Nilo", de Veronés, parte como cada noite do seu habitáculo, acompañada pola criada negra e o anano, esta vez en pos dun pranto que ven das salas de pintores italianos. Quen chora sen consolo é a Gioconda; para aliviala do seu pranto, a filla do faraón non dubida en recorrer aos médicos. Entre sacamoas e extractores de pedras da tolemia destacan dous no Prado: don Rodrigo de la Fuente, español de Toledo, e Micer Pietro María, lombardo de Cremona. Os dous constatan que o caso de Mona Lisa é un caso de hipocondría, aínda que discuten sobre como tratalo, xa que disputan sobre o posible remedio e non chegan a acordo.
Dúas parellas aristocráticas achéganse a oír as razóns do pranto de Mona Lisa, e comproban que está resentida pola comparación que uns visitantes franceses fixeron entre ela e a Gioconda do Louvre. A conversa derivará cara ás orixes dos personaxes que a manteñen. Se Mona Lisa dubida das súas orixes, tamén o "Cardeal" pintado por Rafael Sanzio, Ana de Austria -cuarta esposa de Filipe II- pintada por un discípulo de Sánchez Coello, a "dama do xoiel" pintada por Antonio Moro, e Federico Gonzaga, duque de Mantua, pintado por Tiziano. Finalmente, consiguen que Mona Lisa deixe de chorar e se digne a pasear polas salas con eles.
"Moisés salvado das augas", de Veronés.
Unha análise da obra de Leonardo da Vinci
"Don Rodrigo de la Fuente", de O Greco.
Noticia de Lucía Anguisciola
"Retrato de cardeal", de Rafael Sanzio. Un paseo pola obra de Rafael.
"A dama do xoiel", de Antonio Moro.
"Ana de Austria", probablemente da escola de Sánchez Coello.
Referencias ó duque de Mantua pintado por Tiziano.
ACTIVIDADES:
- Compara a Gioconda do Louvre coa Mona Lisa do Prado. Sinala semellanzas e diferenzas.
- Aproveita para investigar sobre a presenza de mulleres artistas en España ao longo do século XVI. Unha das máis significativas foi a irmá de Lucía, Sofonisba Anguissola.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)